cabecera

Baía Edicións pon ao teu dispor, de forma gratuíta durante 1 mes, a primeira guía dixital de árbores editada no estado español.

Con esta guía aprenderás a coñecer as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detalladas das súas follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionaranche o coñecemento suficiente para identificalas cando as vexas. Esta guía de árbores permitirache tamén descubrir moitas cousas sobre os seus usos e os beneficios que nos proporcionan.

Proximamente disporemos dos seguintes produtos:

  • Aplicación para o PC
  • Aplicación para móbil Android
  • Aplicación para móbil Java

Estas aplicacións, permitirán identificar especies que cumpren certas características (forma da folla, da copa, da unión entre follas, etc) elixindo a través de sucesivos menús onde se irán amosando as diferentes características mediante sinxelos debuxos esquemáticos.
Tamén será posible buscar unha especie polo seu nome e consultar toda a información relativa a mesma.
Por último, disporase da propia guía en formato dixital para ser consultada.

Agradecemos a túa colaboración e suxestións para mellorar futuras obras dixitais.
Envía os teus comentarios a comercial@baiaedicions.net.