Morfoloxía da árbore

Para identificar, coñecer ou estudar unha árbore debemos saber diferenciar as súas partes e as diversas formas que poden presentar, segundo a especie de que se trate.

As árbores están formadas por raíz, tronco e ramas, que forman o que chamamos copa.

A relación entre as diferentes ramas inferiores e superiores determina o aspecto definitivo da copa da árbore.

Tipos de copas

Dun xeito xeral é frecuente distinguir distintos tipos de copas, segundo unha serie de características que podemos equiparar á súa forma xeométrica.

  • Copa cónica, que presenta forma de cono.
  • Copa piramidal, similar, pero máis alta e estreita.
  • As copas elipsoidal, ovoide, globosa ou oblonga, son da forma que o seu propio nome indica.
  • A copa lobulada denomínase así porque no conxunto presenta as súas ramas como se fosen lóbulos dunha folla.
  • A copa aparasolada ten aspecto de antuca ou parasol.
  • Evidentemente, tamén hai copas de forma irregular.